Directas ao espazo dende a Biblioteca de Narón
O pasado sábado 24 de maio viaxamos directas ao espazo! Da man de Trémola Teatro as nenas e nenos descubriron a dúas mulleres fascinantes que fixeron historia máis alá da Terra: Valentina Tereshkova e Sara García Alonso. A través da imaxinación, o humor e a narración, a nosa protagonista achegounos o soño de converterse en astronauta… e tamén o de atopar a mellor mascota do universo! 🐾✨






