As Josefas na Biblioteca de Ponteareas

Os cativos de Ponteareas coñeceron moitas cousas interesantes sobre Galicia


O mercores 28 de maio tivo lugar na Biblioteca Municipal de Ponteareas o espectaculo infantil titulado “As Josefas”.
Preparados para concursar no “Galicia, cada día máis linda máis linda”? Dúas irmáns quixeron demostrar que o galego está máis vivo ca nunca e viñeron ver canto coñeces ti da nosa terra. A música foi o principal neste espectáculo que xunto con lendas e contos nos fixeron cantar e bailar, pero sobre todo aprender de Galicia. Mediante este contacontos o numeroso público infantil aprendeu moitas cousas sobre a nosa terra




