Fada Diana, contacontos, na Biblioteca de Narón
O sábado 7 de xuño a nosa sala multiusos encheuse de maxia, música e ilusión coa visita da Fada Diana! Nenos e nenas (e tamén as súas familias) gozaron dun espectáculo cheo de fantasía, participación e aprendizaxe.
Coincidindo coa celebración este pasado xoves 5 do Día Mundial do Medio Ambiente, viaxamos a un mundo máxico onde aprendemos que a reciclaxe, o coidado do planeta e a igualdade tamén poden ser cousa de fadas.
Con danza, circo, maxia e moita diversión, a Fada Diana fíxonos lembrar que todas e todos podemos ser parte do cambio.





