Francisco Castro na Biblioteca de Ribeira
O pasado sábado 7 de xuño tivemos unha mañá chea de musica e poesía no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.
A voz e as guitarras de Francisco Castro acompañaron a un público entregado. Recordamos poemas musicados, cantamos, escoitamos, emocionámonos…
Moitas grazas Francisco Castro pola túa magnífica proposta “Poesiacordes” dentro do catálogo Ler Conta Moito 2025 que seguimos na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira





