A maxia da lectura encheu o CEIP A Castellana con máis de 50 asistentes

O pasado venres 18 de xullo, no marco do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, tivo lugar no Anexo do CEIP A Castellana o espectáculo “A maxia dos libros”, a cargo de O Mago da Boina e Nami.
Máis de 50 persoas, entre nenas, nenos e familias, gozaron dun espectáculo que combinou ilusionismo, humor e narración para dar vida aos fragmentos das Crónicas do Mago Errante. A actividade resultou ser unha verdadeira celebración da lectura, amosando que os libros tamén poden ser fonte de sorpresa e marabilla.
A proposta destacou pola súa capacidade para conectar co público de todas as idades, promovendo o hábito lector desde a emoción e o entretemento.
Deixámosvos unha imaxe dun dos momentos máxicos da sesión, coa sala chea de atención, sorrisos e moita curiosidade:





