Letras Galegas Aranga 2026



O pasado venres 1 de agosto, a veciñanza máis nova de Aranga puido desfrutar dun fantástico espectáculo de circo da man da compañía Dani Blanco, no anexo do CEIP A Castellana.
Durante a sesión, os nenos e nenas mergulláronse nun universo cheo de malabares con pelotas e libros, equilibrios imposibles, clown, música e moito humor. Unha proposta fresca, dinámica e participativa, adaptada a todos os espazos e pensada para achegar a arte escénica e a lectura dun xeito lúdico e inesquecible.
As expresións de sorpresa e as gargalladas do público máis pequeno foron as verdadeiras protagonistas da xornada.
O apoio do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia, promove a cultura e a lectura en familia a través destas propostas creativas e itinerantes por todo o territorio galego.
Deixámosvos algunhas imaxes da actuación para revivir a máxica mañá que compartimos en Aranga:


O pasado venres 18 de xullo, no marco do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, tivo lugar no Anexo do CEIP A Castellana o espectáculo “A maxia dos libros”, a cargo de O Mago da Boina e Nami.
Máis de 50 persoas, entre nenas, nenos e familias, gozaron dun espectáculo que combinou ilusionismo, humor e narración para dar vida aos fragmentos das Crónicas do Mago Errante. A actividade resultou ser unha verdadeira celebración da lectura, amosando que os libros tamén poden ser fonte de sorpresa e marabilla.
A proposta destacou pola súa capacidade para conectar co público de todas as idades, promovendo o hábito lector desde a emoción e o entretemento.
Deixámosvos unha imaxe dun dos momentos máxicos da sesión, coa sala chea de atención, sorrisos e moita curiosidade:

Ian e Elisa non defraudaron ás expectativas no seu traballo o pasado Venres 28 en Aranga. Pasando unha mañá superdivertida coa súa habitual mestura de humor , ilusionismo e maxia da boa…. Nesta tempada ademais nos ensinaron todas a creatividade que un simple globo pode requirir para o transformar nunha flor, cunha coroa ou converternos en bolboretas.

O pasado venres o Mago Charlie fixo pasar unha mañá superdivertida á mocidade de Aranga, cunha actuación mistura de ilusionismo, mentalismo e humor ácido para todas as idades.

Ángela Ruíz Robles, Ada Lovelace, Ángeles Alvariño, Marie Curie. Foron grandísimas persoas que no seu momento non tiveron o recoñecemento dos seus logros polo feito de non ser homes.
As nosas divulgadoras científicas Rula e Mónica da Asociación CentiElas, amosáronnos como Ángela foi a inventora do primeiro Notebook, a principios do século pasado, Ada foi a precursora da programación informática , Ángeles unha grande oceanógrafa de Ferrol, e Marie Curie unha das mentes máis brilantes da historia da humanidade.
Na segunda parte da sesión, a mocidade participante crearon un
fluido non newtoniano.

O artista Manuel Solla amosou á rapazada de Aranga como a des-igualdade se trata habitualmente como algo normal.

O pasado venres 29 de xullo efectuou o eu espectáculo Iguais e diferentes. No que empregando contos tradicionais e trucos de ilusionismo. Fixo ver á cativada presente, que o feito de que se leven facendo as cousas dun xeito durante toda a vida , non significa que sexa como se debe facer.
Nin facer a comida é cousa de mulleres, nin é tan sinxelo como aparenta; nin as actividades que os contos nos contan de xeito estereotipado, teñen que seguir contándose para manter as súas morais así. A actuación fixo ver ós/ás maiores presentes que, afortunadamente, a xuventude vai progresando positivamente neste eido.
O pasado venres puidemos distraernos da abafante calor, desfrutando da divertidisima actuación do mago Pedro Bugarín .
Un espectáculo, que ainda que foi moi entretido, non estivo falto de certa dose de perigosidade de amputación co “truco” da guillotina cortamans.

Lamentablemente Sofia non foi quen de acadar o reto de meter a moeda no vaso. O que impediu que todos/as os/as presentes acadaran a súa consola de videoxogos que Pedro apostara.
No canto recibiron unha variña máxica pregable. 

O pasado Venres Elisa & Ian , da compañía 2 Minds Combined viñeron a Aranga para facer desfrutar á mocidade dun fabuloso espectáculo mistura de ilusionismo, humor, xogos de sombras, e moita maxia.
A serenidade de Elisa e o Gallenglish de Ian fixeron un espectáculo que foi un cóctel de risas, trucos e animación constante moi próximo a un abundante publico que non deixou de participar e de rir a gargalladas durante toda a actuación.



Os/as máis pequechos/as do lugar aproveitaron a chuvosa mañá do pasado domingo 24 de Outubro para gozar da
estimulante actuación Musicreques ( Contacontos musicais) da Asociación Tres por Catro. Na que a música en vivo e os contrastes de luces e cores, mantiveron a atención das numerosas familias que se achegaron para a presenciar.



Séguenos