Espectáculo “A maxia dos libros”


Este martes 29 de xullo realizamos un divertido espectáculo de maxia. O lugar para a representación foi a casa da cultura de San Sadurniño, para poder albergar a moitos nenos e nenas do campamento de San Sadurniño e do campamento de volleyball do clube Aldebarán.
O espectáculo chámase “A maxia dos libros”. Da man de “Xosé Rivera” e, a través de trucos, chistes e historias entretivémonos admirando a maxia. Aos nenos e ás nenas encantoulles, aprenderon moito e pariciparon de forma activa neste espectáculo.




