Francisco Castro na B.P.M de Mondariz Balneario

Hoxe veu visitarnos Francisco Castro, escritor, editor da editorial Galaxia e músico. A súa proposta foi unha actividade de poesía musicada “Poesiacordes”, que fixo desfrutar ao público asistente dunha escolma de poesías de autoras e autores galegos como Rosalía ou Cunqueiro a ritmo de guitarra. Foi unha marabilla telo aquí, recordando ás autoras e autores que se emitían pola radio, que tiveron un lugar importante na súa infancia e adolescencia.

Agardamos que volva visitarnos moi pronto con outra proposta tan fermosa e vibrante coma esta.




