Obradoiro “Olimpiada tecnolóxica” na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda
A Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda (Oleiros) acolleu este luns 22 de setembro o obradoiro “Olimpiada tecnolóxica” da man do artista Robótica creativa. Os nenos e nenas participantes tiveron que deseñar a figura dun coche con pezas de Lego con motor incluido para logo facer carreiras e facer que se movera. Destacou a imaxinación dos rapaces que non se esqueceron de poñerlle adornos ós vehículos con bandeiras e bonecos. A diversión estivo asegurada.







