Lectura, ecoloxía e rock en Cambre, da man de Pakolas
A Biblioteca Central María Pita de Cambre encheuse de boas vibracións co espectáculo ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’.

Este mércores 24 de setembro, Pakolas ateigou de público a Biblioteca Central María Pita con esta nova proposta musical-narrativa que mostra, a través da aventura didáctica e rockeira da meiga Ecoralia, a importancia de consumir alimentos ecolóxicos para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.
 
  






