Ángeles Goás na biblioteca de Xermade
O pasado mércores visitounos Ángeles Goás para facernos unha contada do seu espectáculo “Un saco de contos”.
Desfrutamos moitísimo. De todas as historias que fomos quen de sacar do saco a de María pequeniña e a do polbo que quería papar o corvo foron as favoritas do público. Que ben o pasamos!





