“A corpo contado” na Biblioteca de Pontecesures
Hoxe, 23 de outubro, desfrutamos coa actividade de narración oral “A corpo contado” da man de Charo Pita. A sesión estivo dirixida aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CPI de Pontecesures que cantaron e bailaron coas historias cheas de maxia e emoción.







