Contacontos Sensorial para bebés en Cee
Onte vivimos unha tarde chea de contos na Biblioteca de Cee. Tivemos a sorte de acoller un contacontos sensorial para bebés da man de Patricia de Eduvia, unha actividade pensada para que os máis pequechos descubran o pracer das historias a través dos sentidos.
Durante a sesión, tanto pais coma bebés mergulláronse nun mundo de cores, sons, texturas e emocións. É a primeira vez que organizamos unha actividade para bebés e sen dúbida repetiremos.





