“Xela, Aventura na Fraga”, en A Bola.
Con motivo das Letras Galegas, o pasado 15 de maio en A Bola (Ourense) tivemos o pracer de compartir unha fermosa actividade “Xela, aventura na Fraga, con Inma Soto dentro do programa “Ler Conta Moito”. 📚💙
Foi unha tarde moi especial na que as familias participantes puideron gozar de contos, actividades e momentos compartidos arredor da nosa lingua e cultura galega. Agradecemos moito a asistencia e participación de todas as persoas que fixeron posible esta experiencia tan enriquecedora.







