Bibliotecas Animadas en Valga
Os nenos de Valga con Minia Regos e durante catro sesións, realizaron un obradoiro onde afondaron nas súas capacidades creativas dende diferentes actividades relacionadas coa creación da imaxe en movemento a partir da imaxe fixa (coa técnica Stop Motion). Conectamos aos nenos co mundo do cinema, da fotografía, a literatura e as artes plásticas. A actividade comenzou ca busca, na biblioteca, de libros de contos nos que basear as películas, que foron realizadas con debuxos e plastilina.









