Contos ao revés en Cordeiro
Hoxe en Cordeiro as princesas non quixeron ser princesas, o lobo tívolle medo a Carapuchiña , Tarzana gañou as olimpíadas da selva…Os contos foron contados ao revés.
As contadoras souberon xogar cos contos tradicionais para fomentar a igualdade e o respecto e conseguir a participación dos nenos no seu contacontos.







