Dinosauros de Teatro Escena na Biblioteca de Cordeiro
Pasámolo moi ben con Teatro Escena vendo como Ariadna e o profesor Florentino protexían ao dinosauro Xuri dos malfeitores nunha aventura marabillosa.



Pasámolo moi ben con Teatro Escena vendo como Ariadna e o profesor Florentino protexían ao dinosauro Xuri dos malfeitores nunha aventura marabillosa.



s
Filipa (moneco “muppet”) e o seu amigo Fran encheron a sala coas risas dos nenos ao contarnos os contos amenizados con música e cancións que os nenos acompañaron todo o rato. Unha viaxe polos contos tradicionais moi entretida
.

Este venres , a Biblioteca Municipal de Cordeiro celebrou o Día das Bibliotecas con Helder da Compañía Garabullo e Pirula, enseñáronnos que con moita imaxinación e gran empeño podemos crear
inventos marabillosos.

Hoxe Xiada e Miguel de Animar-T acompañáronnos para descubrirnos, coa axuda de todos os animáis da súa casa, porqué golpeaba tódolos días un paxariño na súa xanela. Cantamos, bailamos e descubrimos o motivo polo que ía o paxariño á súa xanela

Hoxe Carmen Domech contounos historias de monstros. Max crea un mundo imaxinario onde é libre incluso para ser un monstro. O monstro de cores ensinounos a coñecer os sentimentos e as emocións. E coñecemos aos monstros das comidas pouco saudables. Pasámolo monstruosamente ben.
.

Tanxarina encheunos de recordos do circo tradicional co seu Titiricircus. O señor Bigotini o forzudo, Josefina a cobra co encantador Palindranati, o malabarista Tato e o señor Venacio co seu monociclo fixéronnos pasar unha tarde do máis circense.


Os monstros viñeron a Cordeiro para festexar o día da Biblioteca ensináronnos que teñen sentimentos e que son igualiños que os nosos! Historia participativa na que se mestura a tradición coa aceptación da diversidade e na que se reforza a autoestima dos cativos.


Hoxe, Carmen e Diego de Tarabela Creativa converteron aos nenos de Valga en astronautas, achegáronnos ao firmamento e aos seus misterios, agora estamos un pouquiño máis preto dos astros. Todos escoitamos con atención as historias marabillosas que nos contou Carmen.



O Apalpador veu visitarnos en compañía de todos os seus amigos, cunha nova e divertida aventura!
O ladrón Pasmón rouba todo o que pode e agora anda tras os xoguetes dos nenos e nenas pero o Apalpador con axuda de todos os nenos conseguiu recuperalos.


Títeres Cachirulo chegou á nosa biblioteca para contar Xeado de Lúa , a historia dun bosque e os seus animais unha noite de verán. Moitos nenos e os seus pais achegáronse á biblioteca para disfrutar das marionetas de Títeres Cachirulo que fixeron posible que esta tarde fora xenial.




Séguenos