“Contiario” na B.P.M. de Vilagarcía de Arousa
Con motivo da celebración do Día da Biblioteca, realizouse unha actividade que leva por título “Contiario” o día 23 de outubro.
A sesión de contacontos, composta por unha grande variedade de relatos, tiña como obxetivo espertar a curiosidade polos libros e mergullarse nas estanterías da biblioteca, dando a coñecer os contos tradicionais e máis os contemporáneos.
A actividade encantou ó público asistente que disfrutou e participou cos relatos de Pablo Sánchez: fábulas, cantares de cego, adiviñas, contos minúsculos, etc.







