Celebramos o Día do Libro
Este ano, na Biblioteca de Dodro, adiantamos a celebración do Día do Libro ao venres 22 de abril coa celebración dunha sesión de “Contos de peto” da AC. Cucarandainas.
Cucarandainas, na voz do contador Iago, achegounos un fermoso conto para gardar no peto. Nel a sobriña de Feroz ensinounos que non tódolos lobos son tan malos e meten tanto medo como din algunhas historias.

A participación activa do público e os obxectos que acompañaron a narración fixeron do contacontos unha experiencia moi divertida e agradable, que recomendamos ao resto das bibliotecas da Rede.





