“MAXIA E HUMOR. ENTRE LIBROS ANDA A MAXIA” NA BPM DE OUROL
O pasado sábado 23 de abril, no Concello de Ourol celebramos o día do libro cun verdadeiro espectáculo de maxia e humor.
A través do programa “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coas bibliotecas municipais, a maga Leo Leíño visitou o noso concello e fíxonos pasar unha maña moi divertida e amena. A actividade estaba destinada para nenos/as a partir de 3 anos e ás familias; os nenos/as que acudiron puideron ser por un día os axudantes desta simpática maga. Nós estamos desexando que volva polo concello pois foi unha actividade valorada moi positivamente por todos os asistentes.




