O Contiario de Pablísimo en Ribeira
Os sábados en Ribeira son para contar contos.
Pablísimo estivo connosco o sábado, 30 de abril, na Feira da Educación para contarnos unha morea de historias que viñan nunha caixiña.
As nenas e os nenos que viñeron para escoitar a Pablo tamén trouxeron os seus irmanciños máis pequeniños, que cando cheguen á súa idade tamén escoitarán e lerán fermosas narracións que farán voar a súa imaxinación.





