XANELA OCIO VISITA A BIBLIOTECA ÁNXEL FOLE DE SAN PEDRO DE NÓS (OLEIROS)
O día 27 tivemos a visita de Xanela Ocio que viunos a amosar o seu espéctaculo Érase un sombreiro.
Contounos “ O sombreiro Chichiriteiro” de Manuel Rivas e outros contos nos que o fío conductor era o sombreiro.
Pequenos e maiores estiveron moi atentos e entretidos durante toda a sesión, e, como pode verse, moi participativos.






