Xarope Tulú na Biblioteca de Darbo
O pasado Xoves, 20 de outubro, Atenea de Xarope Tulú visitounos co seu espectáculo “A falta de pan, bos son contos”. Contounos entre outros: Sopa de rato, A figueira de Pelostortos, Sal e azucre… cunha moi boa interpretación dos distintos personaxes e unha gran dose de humor. Entre conto e conto houbo tamén algunha que outra adiviña. Nenos e maiores desfrutamos moito da actuación.




