A Biblioteca Municipal de Quiroga celebra o Día da Poesía


O pasado sábado a Biblioteca Municipal de Quiroga, dentro dos actos de celebración do Día da Poesía, contou coa actuación de Sarabela Teatro co seu espectáculo “Conto Express”.Este espectáculo, dirixido a público infantil, resultou moi interesante tamén para os adultos acompañantes por ser dinámico, participtivo e formativo.




