Mergullándonos no mes dos libros!
Na Biblioteca Municipal de Milladoiro, estamos a celebrar este mes dos libros con unha chea de actividades, entre elas tivemos o pracer de contar o xoves día 20 con Andrea e o seu espectáculo “Mergullámonos?”
Foi unha actividade na que viaxamos por distintos países a través dos contos e da música, e por suposto, tamén fixemos unha parada en Galiza, onde se narrou a “Galiña azul” e se tocou a pandeireta. Unha sesión chea de alegría onde todos os asistentes gozaron das historias, da música e tamén do baile!






