Contiario da man de Pablísimo na BPM Manuel María de Oleiros
![]()
Podes escribir un conto só cunha única vogal? Unha pequena caixiña contén tódalas personaxes dun conto? Cal é o conto máis longo do mundo? E o máis curto? As respostas deunolas Pablísimo co seu Contiario, unha sesión de contos chea de orixinalidade e moitas risas que tivemos o pracer de ver este martes 10 de outubro na Biblioteca Manuel María de Oleiros




