A Ciencia de Harry Potter na Biblioteca Pública de Meis
Éste luns pola tarde na nosa Biblioteca, e encadrado dentro da semana do medioambiente, tocou sesión de experimentos coa actividade “A Ciencia de Harry Potter” con Ceo Aberto.
Un espectáculo científico do que todos e todas quedamos pasmados, maravillados e encantados de ir percorrendo o mundo creado por J. L. Rowling e analizando desde a óptica da Ciencia a viabilidade no mundo real, mesmo no universo literario de Harry Potter.
A nosa petición, rematada a sesión foi poder continuala en mais ocasións. Mesmo o alumnado aclamaba a mesma sensación.







