Biotecnólogos resolven un crimen na biblioteca de Vilar de Santos
O pasado luns 30 de Xullo ás 18:30 horas levouse a cabo en Vilar de Santos unha actividade relacionada co ámbito científico, onde a través dun crime ficticio e de forma moi amena e práctica puidemos coñecer entre outros moitos interesantes conceptos, que é o ADN, como se extrae, como se analiza e para que se emprega esa información obtida no laboratorio. Nos mesmos puidemos poñer en práctica todo o proceso empregando materiais de uso cotián e extraendo a nosa propia mostra.





