LER CONTA MOITO EN PADERNE
O pasado 31 de agosto na biblioteca municipal de Paderne, os nenos e nenas que participaron nas aulas de conciliación do verán puideron desfrutar dunha animada xornada , dentro do programa “Ler conta moito” levada a cabo por Duende Sico co seu obradoiro de “Como un allo”.
Durante a mañá os nenos foron partícipes deste xogo de mesa ,que o tempo que divertido moi instrutivo que abarca tanto aspectos específicos como xerais na lingua. Para o que foi preciso facer dous grupos , e simular a posta en escena dun programa de televisión con megafonía e todo.
Rematou con bailes, cancións e obradoiros creativos, dando un toque mais festivo se cabe a esta xornada.