Autores con Pegada de Isabel Herrero na Biblioteca de Meicende “Antón Castro” (Arteixo)
O día 24 de outubro, durante unha hora, con pinturas de dedo e seguindo as instrucións de Isabel, as crianzas asistentes ao obradoiro, puxeron en marcha a súa imaxinación e fixeron divertidas composicións. Pintaron gran variedade de obxectos e animais, sendo os protagonistas as bolboretas e os dinosauros, aínda que houbo quen preferiu facer creacións con extraterrestres.




