Cantamos na B.P.M do Pino con Eduvía
O pasado 17 de xullo Eduvía Xestión Cultura e Lecer achegouse ao Pino para ensinarlle aos máis pequenos e pequenas un montón de cancións, frases e ditos da nosa tradición galega. Encheuse o salón social da Casa da Cultura de risos, saltos e personaxes que fixeron da mañá un momento especial no que todos e todas participaron e aportaron os seus saberes





