Pelo de Nube visita a BPM do Pino
O pasado mércores 31 Iria Iglesias e Dani Viéitez achegáronse ao Pino para presentarnos a Nuno, o protagonista do seu último libro “Pelo de nube”.
Tivemos un contacontos, falamos das emocións e rematamos a mañá cun obradoiro de ilustración baseado nun sentimento, todos os participantes marcharon coas emocións a flor de pel.





