Jorge Juncal e María Faltri con FANTASÍA MUSICAL EN CEE “No verán tamén…Ler Conta Moito”

Unha divertida festa musical chea de humor e graza a que nos brindaron, na mañá do 7 de agosto, os extraordinarios músicos, Jorge Juncal e María Faltri co seu espectáculo “Fantasía Musical”. Concerto moi dinámico, onde van aparecendo con cada canción diferentes personaxes e distintas letras do abecedario, sendo a interacción co público unha constante durante toda a función. Espectáculo que resultou ser un fantástico e magnífico remate para o Programa “En verán tamén…Ler Conta Moito” que, enmarcado no Agosto Cultural, organizou a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee.




