A aventura de Daniela pirata en Cordeiro
Tratouse dun contacontos de igualdade, participativo no que os nenos acompañaron a Daniela na súa loita por converterse nunha auténtica pirata a pesar da oposición do capitán, que non permitía nenas no seu barco.
Os asistentes xogaron, cantaron e loitaron contra a desigualdade superando as mesmas sete probas ás que tivo que enfrontarse Daniela na súa aventura. Porque para ser un bo pirata hai que saber pescar, ser forte coma un carballo, rápido coma un lóstrego, sixiloso coma as serpes, non ter medo a nada, saber preparar unha boa sopa e atopar tesouros perdidos.







