Elas pintan moito en Caldas de Reis
O pasado venres 13 de setembro visitounos Migallas Teatro coa actividade “Elas pintan moito”. Foi toda unha aventura facer unha viaxe polo mundo a través da vida e obra de catro pintoras. A contada tiña todos os ingredientes para que a rapazada o pasara en grande: didáctica, lúdica e moi participativa.





