LEO LEIÑO COS PEQUENIÑOS DA BIBLIOTECA DE MONFORTE DE LEMOS
O xoves 26 de setembro ás 12 horas Leo e Cris chegaron ao salón de actos da Biblioteca Municipal para facer as ledicias de nenos e nenas de catro e cinco anos. Foron 60 minutos de maxia, música e chistes que os máis pequenos disfrutaron participando de todo. Leo fai que maxia e conecta co público dunha maneira increíble.


Acadar que 140 pequenos estean atentos non é doado. Esperámolas o ano que vén.




