Gloria e Diego de Mamá Cabra traen a Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz (Oleiros)”Contacontos para un mundo mellor “

Escoitando a Mamá Cabra
Nunha tarde moi agradable de outono, Gloria e Diego, compoñentes de Mamá Cabra trouxeron a biblioteca de Santa Cruz un contacontos musical maravilloso. Aproveitando a boa tarde trasladamos a actuación da saliña de contacontos da biblioteca ao xardín que rodea o edificio das Torres, un lugar realmente idílico cheo de árbores que nos deron sombra e cos seus murmurios enviaron a todo o concello ao mesmo tempo que todas e todos os nenos e nenas, os contos e cancións que sobre coidado da natureza, non violencia e sobre todo entendemento entre todos os pobos do mundo soaron neste mércores de contacontos.

Preparados para o concerto




