A Pirata Escarlata na Biblioteca de Outes

O martes 15 de outubro, ás 17:30 h, tivemos a sorte de contar con Marisa Irimia na Biblioteca Municipal de Outes. A través das aventuras da valente Pirata Escarlata e as inquedanzas dunha princesa ra, Marisa tratou de educar aos nenos e nenas na igualdade de xénero. Con contos e cancións, como a “canción do tiburón”, pasamos unha tarde moi entretida e divertida.




