“SEN MEDO” NA BM DE A ILLA DE AROUSA
Coincidindo co Día das Bibliotecas (24 de Outubro), onte quixemos celebralo con Trécola Teatro e o seu “Sen Medo”, que tamén puxo a guinda ó programa “A Biblioteca conta en Igualdade”.

Da man de Tegra e a súa compañeira, os nenos e nenas que participaron neste contacontos puideron escoitar historias que plasman diferentes realidades do día a día.

Pasamos unha gran tarde. Noraboa pola actuación…




