Efervesciencia. Bibliotecas para mudar o cambio climático na B.P.M. de A Guarda

Manuel Vicente, de Efervesciencia, estivo na Biblioteca de A Guarda con esta interesante actividade adaptada a nenos e nenas de 7 anos en diante que estaban acompañados por familiares adultos. Realizou experimentos con xeo seco, e ensinou o efecto invernadoiro cunha cámara de infravermellos que fascinaron aos asistentes. Ademáis, fixeron moitas preguntas sobre o cambio climático.





