Camiños de mar, terra e vento na biblioteca de Xermade
Pero como voamos onte na biblioteca de Xermade, grazas aos
paxaros, ás
vasoiras, ás alfombras e ás rachas de
vento que nos trouxo Paula Carballeira. Cantos contos lle collen na cabeza a Paula e que ben os conta. Un conto por cada camiño: pola terra, polo aire e polo mar. Tivemos a sorte de ter na biblioteca unha moi boa narradora e tamén moi boa escritora. Desfrutámola!!





