O “Periplo Atlántico” que comezou no Pino
Os participantes da escola de verán do Concello do Pino na actividade do programa Ler Conta Moito organizada desde a Biblioteca Municipal.
A través dun contacontos ilustrado os nenos e nenas escoitaron as aventuras de “Panchinto” un pingüin galego que realiza un Periplo atlántico.
Ao final son os rapaces e rapazas as que se converten en protagonistas da mañá debuxando o seus propios pingüins protagonistas das súas historias.
Grazas a Polo correo do vento por esa aventura tan entrañable!!






