Parada de Sil e os seus cativos fomos arqueólogos por un día da man da toupa arqueóloga: Harris
Na pasada tarde do venres 30 de xullo recibimos na Axencia de Lectura de Parada de Sil a visita de Harris “a toupa arqueóloga”.
Realizamos unha actividade que combinou a arqueoloxía, a igualdade e as risas nos xogos nos que os nenos se convertiron en arqueólogos por un día; coñecendo a toupa Harris e o seu afán por ler e excavar ata atopar a Mamoa da Moura. A través dun xogo de pistas que incluiu a simulación do traballo dos arqueólogos, ata descobrir a Mámoa da Moura e o para qué servía. Todos os que participamos no contacontos ficamos ledos por saber que significaba este legado prehistórico.
Grazas “Toupa Harris” e Electra por tan boa tarde e por ensinarnos cousas do pasado!







