O arquivo do chibo de Pablísimo en Caldas de Reis
O mércores 1 de setembro o auditorio de Caldas de Reis acolleu a estrea de “O arquivo do chibo”. Estaba previsto que fose no xardín pero por cuestións metereolóxicas leuvouse para auditorio, mantendo sempre todas as medidas de seguridade. 
Tratouse dunha visita polos contos tradicionais de sempre, onde apareceron chibos, lobos, cabras… e algún que outro animal máis, con algunhas notas da actualidade. A posta en escea foi unha fermosura. As familias quedaron moi contentas co bo contar de Pablísimo.




