Éxito de participación no “Escape Room” de Campo Lameiro
As nenas e nenos que participaron no “Escape Room” de Campo Lameiro celebrado no Auditorio Sobrino Buhigas pasaron unha tarde moi divertida cun xogo de pistas para lograr o obxectivo marcado pola organización.
Un interesante xogo que permite interrelacionar aos participantes, facer equipos, utilizar a imaxinación, o inxenio e estimular a intelixencia. O público asistente pasouno de marabilla!!!! Esta actividade, está enmarcada dentro do programa “Ler conta moito” de dinamización da lectura nas bibliotecas e conmemora o día europeo das linguas (26 de setembro).

Escape Room – Héroes para ciencia

Escape Room – Héroes para ciencia




