Día do Libro co Tranvía Leonardo en Ribeira
O Día do Libro de 2022, 23 de abril, foi magnífico en Ribeira.
Para vir ver “O tranvía Leonardo” e celebrar o día con contos e cancións recibimos 130 inscricións e decidimos que para caber ben mellor iamos para o Auditorio.
E así foi como o 23 de abril ás 12.00 h nos xuntamos no Auditorio con Fantoches Baj ao cargo.
Encantounos a función!
E ao saír tivemos regaliños para tooooodo o mundo. Levamos para a casa un recortable que nos deu Inacio Vilariño, e ademais un libro e máis un marcapáxinas do Primeiro Concurso de Marcapáxinas da Biblioteca Pública Municipal de Ribeira que nos foi entregando a cadaquén Nucha Brión, a concelleira de Educación.
Vémonos na Biblioteca!





