Paco Nogueiras estivo en Aguiño co seu espectáculo “Radio Bulebule”.
Este domingo, 29 de maio, ás 19.00 h a Biblioteca de Ribeira levou á Aula de Música de Aguiño unha nova actividade de dinamización da lectura. E grazas á colaboración da Asociación Francisco Lorenzo Mariño a sala estaba chea ata a bandeira.
Que contentas estaban as familias cantando e bailando coa música de Paco Nogueiras… E que boa nova temos na Biblioteca de Ribeira porque xa sabemos que van vir unha morea de familias pedir o seu carné!
Ler Conta Moito!





