CENTACONTOS E CONTAPES EN PADERNE
O pasado día 31 de agosto o Concello de Paderne organizou unha actividade de contacontos para os nenos e nenas de entre tres e sete anos, no entorno da biblioteca. A partir das once e media da mañá os mais pequenos foron partícipes de historias máxicas doutro mundo e doutro tempo que foron atrapadas pola máquina atrapa-contos, que os transforma facendo as delicias dos alí presentes. Unha animada xornada que rematou ca visita as instalacións da biblioteca.






