Proxección do documental “VÉRTICE DE VERSOS” na BPM de Viana do Bolo
O pasado luns 17 de outubro, con motivo da celebración do Día das Escritoras, tivo lugar a proxección do documental “Vértice de versos”. A obra fai un xenial e orixinal repaso pola poesía galega dos últimos 25 anos.
Durante a actividade tivemos o gusto de contar coa presenza do Director da obra Carlos Lorenzo e coa poeta galega Emma Pedreira, quen ao finalizar a actividade nos emocionou cun fermoso recital dalgúns dos seus poemas.
A actividade contou con parte do alumnado e profesorado do IES de Viana como público. Un público moi entregado e participativo, tal e como quedou de manifesto coas preguntas e reflexións feitas ao final do visionado.
Damos as grazas a Carlos e a Emma pola súa gran labor de divulgación e recoñecemento da nosa poesía a través desta actividade!!





