Obradoiro “Mulleres Pintoras” na BPM de Viana do Bolo
Onte tivo lugar na BPM de Viana do Bolo un creativo e divertido obradoiro titulado “Mulleres Pintoras”. Unha actividade coa que se deu coñecer e visibilizou o traballo de grandes pintoras coma Maruxa Mallo, Menchu Lamas, Remedios Varo…
A actividade consistiu nunha breve explicación sobre que son as cores e como se producen, mentres visualizamos as obras máis representativas de estas mulleres.
Despois realizamos un exercicio práctico de pintura a gran escala (mural) onde a paleta foi cooperativa!!
Séguenos